3º PRIMARIA. 4ª VIAXE DE EMILIA BYTE. 2ª PISTA

torre_de_hercules_by_eross_666-d4z4j10

A resposta correcta é Betanzos!

Despois de Betanzos, Emilia tiña gañas de visitar máis lugares e dirixiuse a unha cidade próxima, situada na costa do Cantábrico, moi fermosa.

Paseou pola enseada do Orzán, e despois visitou os museos científicos, onde gozou moito observando dende dentro do Nautilus ao tiburón Gaspar. Saiu da casa dos peixes e visitou o faro romano aínda en funcionamento máis antigo do mundo, a chamada “Torre de Hércules.” Existen moitas lendas sobre este faro. Unha delas conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente alí o lugar onde enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencerlle en combate.

Adiviñades en que cidade está agora Emilia?

4º PRIMARIA. 4ª VIAXE DE EMILIA BYTE. 2ª PISTA

People watch as Jandilla fighting bulls and revelers run during

Parabéns ! Tratábase de Navarra, como seguro que xa sabiades.

Esta comunidade ten moitos lugares de interese cultural e turístico. Emilia estivo visitando varios, a ver se os adiviñades.

O primeiro lugar que visitou é un municipio de máis de 200.000 habitantes, que  foi fundada polo xeneral romano Pompeio no ano 75 A.C.
Hoxe é unha cidade moderna e acolledora, atravesada polo Camiño de Santiago.

Algúns dos lugares destacados para visitar son a Catedral de Santa María, os tres Burgos e as súas igrexas, o recinto amurallado medieval, o recuncho do Cabalo Branco e a plazuela de San José, onde se pode contemplar a casa máis antiga da cidade e buscar a saída na rúa “Salsipuedes.”

Aínda que case todo o mundo coñece a cidade pola súa festa máis famosa, unha que se celebra o 7 de xullo e que comeza cun “chupinazo.”

3º PRIMARIA. 4ª VIAXE DE EMILIA BYTE. 1ª PISTA

h16g1255

Cando saiu de Verín, Emilia necesitaba un descanso despois de tanta festa rachada, asi que pensou nun destino algo máis tranquilo e dirixiuse cara o norte de Galicia a visitar algo de natureza.

Antes de chegar parou nunha localidade que foi capital dunha das antigas 7 provincias de Galicia.

Esta localidade é famosa por un parque chamado “Pasatempos”, por un globo de papel xigante que se lanza durante as súas festas e por unha romaría chamada “Os caneiros”, nas que se vai polo río en barco.

Sabedes en que localidade se atopa agora mesmo Emilia?

4º PRIMARIA. 4ª VIAXE DE EMILIA BYTE. 1ª PISTA

Bardenas Reales

Ao rematar o entroido, Emilia viaxou ata outro lugar da península Ibérica para continuar coñecendo lugares interesantes.

Nesta ocasión viaxou a unha comunidade do norte de España, que é porta do Camiño de Santiago na península.

A comunidade é coñecida pola súa variedade climática, sorprendente para unha pequena comunidade. Ten vales sempre verdes como Roncal ou Baztan, fermosos e coloridos bosques como a impresionante Selva de Irati, Orgi ou Quinto Real e gargantas de vertixe talladas polo paso da auga como as foces de Lumbier ou Arbayún. Ou paisaxes que parencen de outro planeta, como as Bárcenas reais.

Tamén é un referente para a práctica do esquí de fondo. Os afeccionados ao esquí nórdico poden gozar dos espectaculares bosques mentres practican o seu deporte favorito.

En que comunidade está Emilia Byte?

 

Noraboa Emilia Byte

Emilia quere felicitar especialmente a clase de Sabela ao completo e a Xoel do outro 3º, por acertar que Emilia estaba na fermosa vila de Verín disfrutando do entroido, e despois como ben dixeron os alumnos de 4º pasou polos carnavais de Cádiz, Emilia é uha festexeira non perde festa algunha.

Un bico para todos/as!!

4º PRIMARIA. 3ª VIAXE DE EMILIA BYTE. 4ª PISTA(Última.)

cadiz-vuelve-disfrazarse-coplas-carnaval_ediima20160205_0253_4

E chegou o gran día!Emilia levaba agardando este evento con moita ilusión.Foi ao Gran Teatro Falla a gozar da final do concurso de coplas. Chirigotas, coros, cuartetos e comparsas ían cantar as súas coplas para toda a audiencia alí presente.

As coplas son unhas composicións musicais nas que se canta sobre eventos sucedidos durante o ano, normalmente en clave de humor ou parodia.

As coplas poden ser de diversos tipos:Presentación, pasodoble, tango, parodia, cuplé, estribillo, popurrí ou tema libre.

A que lugar foi Emilia Byte a celebrar o Entroido?

Enviade as vosas respostas a:

vpazsouto@gmail.com

3º PRIMARIA. 3ª VIAXE DE EMILIA BYTE. 4ª PISTA(Última.)

nomenclatura

Emilia estaba paseando pola vila cando de súpeto uns personaxes disfrazados cun traxe moi fermoso, achegáronse a ela, a colleron polos brazos e a meteron nun bar para que os invitase a uns viños. Quedou abraida pola súa enerxía e bo humor!

Falando con eles, contáronlle que o traxe pesa 25 kilos e que para vestirse necesitan a axuda de dúas persoas.

Xunto coas “Pantallas” de Xinzo de Limia, e os “Peliqueiros” de Laza, os Cigarróns son as figuras máis recoñecidas do Triángulo do Entroido de Galicia.

Sabedes xa onde está Emilia Byte?

Enviade as vosas respostas ao correo:

vpazsouto@gmail.com

4º PRIMARIA. 3ª VIAXE DE EMILIA BYTE. 3ª PISTA.

maxresdefault

Como estaba preto da praia da Caleta, e tiña algo de fame, Emilia decidiu probar algunha das especialidades locais. Pediu unha tortilla de camaróns e un cornete de papel con “pescaíto frito.” Estaban deliciosos!

Mentras gozaba da comida, falou coas xentes do lugar, e contáronlle que polas rúas desta cidade, tamén coñecida coma “Tacita de plata”, en 1812 a xente gritaba “Viva la Pepa”, nome da primeira constitución promulgada en España.

3º PRIMARIA. 3ª VIAXE DE EMILIA BYTE. 3ª PISTA.

parque-nacional-da-peneda-geres-g-04-165

Emilia dirixiuse agora hacia o centro da vila, e visitou a oficina de información turística. Alí pediu máis información sobre actividades a realizar e lugares para visitar.

Enterouse de que a vila forma unha “Eurocidade” xunto coa vila de Chaves, en Portugal. Deste xeito poden compartir os recursos existentes e ambas localidades saen beneficiadas.

Recomendáronlle visitar o parque da Peneda-Gerês, que é Reserva da biosfera.

Tamén lle contaron que o entroido é moi celebrado nesta vila, e que xunto con Xinzo e Laza forma o denominado “Triángulo máxico do Entroido.”